Pereira

Comezo este relato na Pereira, alí coñecín a Heike. 
Trouxerono as súas raíces de volta a casa, xa nos coñeciamos, só que eu non o lembraba daquela outra galaxia. 

Cando penso nel, penso sempre nos seus beizos: Exuberantes, saborosos, abundantes, coma unha froita tropical, exótica, dalgún pais lonxano, verde amarelo, grande.


Amosoume outro xeito de querer, un xeito que brila nalgunha estrela do firmamento, onde se contaxia o seu saber, onde se comparte todo o afecto.
 
Eu qué, pasei tanto tempo, desexando people who spread affection...
Él chegou para quedarse, pero non conmigo,libre de sereas que cantan.

Chegou para ensinarme cal é o camiño de volta a casa, cal é o xeito arredondeado, círculo case perfecto, para acariñar as ringleiras de días e noites máxicas.

Ten ollos de botón de camisa dos 70, pel de caña de azucre, arrolada pola brisa mariña e un un xeito riseiro de achegarme a sua calma, unhas mans, que ata o de agora sempre esperan para levarme na sua palma, quizabe maña decida camiñar de novo, corredoira abaixo, nas miñas alas.

Comentarios

Entradas populares de este blog

La inercia de las cosas pequeñas.

Caballo ganador

Doenza