Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2020

Licántropos

Imagen
Ollos de penumbra, Pupilas vixiantes, agochadas, completamente illadas. Atar unha corda na viga, apertando ben as queixadas. Baixar os infernos, roubando ás brancas. Vísceras por alma. Esnaquizar cada pegada sen calcular as zancadas. Non sentir dano, non importar nada. Nin tan sequera ter calma. Cuspir noxo, queimar damas. Cravar ben fondo ata as entrañas, valeirando fadas. Mentiras nas babas, niños de culebras lambidas, putrefactas.