Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2021

Pereira

Imagen
Comezo este relato na Pereira, alí coñecín a Heike.  Trouxerono as súas raíces de volta a casa, xa nos coñeciamos, só que eu non o lembraba daquela outra galaxia.  Cando penso nel, penso sempre nos seus beizos: Exuberantes, saborosos, abundantes, coma unha froita tropical, exótica, dalgún pais lonxano, verde amarelo, grande. Amosoume outro xeito de querer, un xeito que brila nalgunha estrela do firmamento, onde se contaxia o seu saber, onde se comparte todo o afecto.   Eu qué, pasei tanto tempo, desexando people who spread affection... Él chegou para quedarse, pero non conmigo,libre de sereas que cantan. Chegou para ensinarme cal é o camiño de volta a casa, cal é o xeito arredondeado, círculo case perfecto, para acariñar as ringleiras de días e noites máxicas. Ten ollos de botón de camisa dos 70, pel de caña de azucre, arrolada pola brisa mariña e un un xeito riseiro de achegarme a sua calma, unhas mans, que ata o de agora sempre esperan para levarme na sua palma, quizabe maña decida c