Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2020

Namórate de Ti

Imagen
Son unha area. Unha serea varada, nunha marea. Son Mar bravía, mar de ardentía. Unha bahía de incomparable afouteza e valentía. Son estampa mariña, Nas noites de verán estreliña. Nas longas noites de inverno,fortaleza. Unha estela de auga que navega ata a túa illa. Mentres ti, amiga miña, compañeira da irmandade ca mesma fala, es o meu faro, o meu facho, a miña lúa crecente, a galaxia enteira. O meu castelo, sen princesa, pero con RAIÑA. A. F. Nieves.